Blog Comenius Multilateral Association 2010-2012

Blog Comenius Multilateral Association 2010-2012, feito polos alumnos de bacharelato do IES Praia Barraña-Boiro



















PROJET

 


“VOYAGE À TRAVERS

LA POÉTIQUE DES SONS, DES MOTS ET

DE L’EXPRESSION CORPORELLE”



resumo




O proxecto pretende axudar a que os alumnos  adquiran as competencias necesarias para o seu desenvolvemento persoal e para a cohesión social desenvolvendo actividades técnicas, de enriquecemento cultural e de natureza artística nos campos : plástico, musical, teatral, do baile e da canción e a completar a súa formación en linguas estranxeiras.



OBXETIVOS:



- Loitar contra o abandono escolar e aumentar o éxito escolar.

- Reforzar a estima persoal dos alumnos e a confianza nas súas capacidades.

- Desenvolver as competencias sociais, sobre todo as relacións interpersoais,  o traballo cooperativo e o espírito de equipo.

- Espertar a curiosidade por outras formas de saber.

- Desenvolver competencias de comunicación en linguas estranxeiras.

- Promover a utilización das TIC.

- Realizar un intercambio de informacións, de destreza entre os profesores e os alumnos dos países participantes.

- Adquirir cualificacións e competencias de base esenciais e necesarias para o desenvolvemento persoal dos alumnos, para a súa actividade profesional futura e para a cidadanía europea activa.


O proxecto propón lanzar unha ensinanza flexible, desenrolar métodos alternativos e estratexias innovadoras de prevención que pretenden reducir os fracasos e desmotivacións escolares.

 Pretendemos alcanzar estes obxectivos coa axuda de actividades técnicas, lúdicas e artísticas.

O IES PRAIA BARRAÑA vai aportar ó proxecto a súa experiencia en debuxo e expresión artística e escolle como medio de expresión  o "teatro– expresión corporal- danza- música" experimental. Os alumnos van crear e interpretar unha historia que se representará nun espectáculo final. Os alumnos e profesores contribuirán á realización dos produtos descritos no proxecto en colaboración cos centros europeos implicados (logotipo, carteis, marca-páxinas, blog, exposicións, representacións teatrais e/ou espectáculo, elaboración de CDs )

Os alumnos van elaborar o script, os guións, os traxes de escena, os instrumentos musicais, eles van a crear e  interpretar a historia, realizar as coreografías e as músicas.

Converteranse en organizadores e actores do proxecto e isto reforzará a súa confianza fronte ao traballo e en si mesmos.