“VOYAGE À TRAVERS
LA POÉTIQUE DES SONS, DES MOTS ET
DE L’EXPRESSION CORPORELLE”
resumo
O proxecto pretende axudar a que os alumnos adquiran as competencias necesarias para o seu desenvolvemento persoal e para a cohesión social desenvolvendo actividades técnicas, de enriquecemento cultural e de natureza artística nos campos : plástico, musical, teatral, do baile e da canción e a completar a súa formación en linguas estranxeiras.
OBXETIVOS:
- Loitar contra o abandono escolar e aumentar o éxito escolar.
- Reforzar a estima persoal dos alumnos e a confianza nas súas capacidades.
- Desenvolver as competencias sociais, sobre todo as relacións interpersoais, o traballo cooperativo e o espírito de equipo.
- Espertar a curiosidade por outras formas de saber.
- Desenvolver competencias de comunicación en linguas estranxeiras.
- Promover a utilización das TIC.
- Realizar un intercambio de informacións, de destreza entre os profesores e os alumnos dos países participantes.
- Adquirir cualificacións e competencias de base esenciais e necesarias para o desenvolvemento persoal dos alumnos, para a súa actividade profesional futura e para a cidadanía europea activa.
O proxecto propón lanzar unha ensinanza flexible, desenrolar métodos alternativos e estratexias innovadoras de prevención que pretenden reducir os fracasos e desmotivacións escolares.
Pretendemos alcanzar estes obxectivos coa axuda de actividades técnicas, lúdicas e artísticas.
O IES PRAIA BARRAÑA vai aportar ó proxecto a súa experiencia en debuxo e expresión artística e escolle como medio de expresión o "teatro– expresión corporal- danza- música" experimental. Os alumnos van crear e interpretar unha historia que se representará nun espectáculo final. Os alumnos e profesores contribuirán á realización dos produtos descritos no proxecto en colaboración cos centros europeos implicados (logotipo, carteis, marca-páxinas, blog, exposicións, representacións teatrais e/ou espectáculo, elaboración de CDs )
Os alumnos van elaborar o script, os guións, os traxes de escena, os instrumentos musicais, eles van a crear e interpretar a historia, realizar as coreografías e as músicas.
Converteranse en organizadores e actores do proxecto e isto reforzará a súa confianza fronte ao traballo e en si mesmos.